
Organizas unha carreira?
Todas as probas de trail ou carreiras por montaña en Galicia poden formar parte do calendario da Superliga. Só hai que cumprir os seguintes requisitos:
- Cubrir o formulario de adhesión, mediante o que se acepta formar parte da Superliga e se facilita a información práctica sobre as probas.
- Comprometerse a facilitar as clasificacións oficiais no prazo máis curto posible desde o remate da carreira no formato requirido: en formato XLSX ou CSV, incluído só os participantes clasificados, e de cada un: nome e apelidos, data de nacemento, xénero e posición final.
A Superliga está aberta a calquera proba de trail ou CxM, coas seguintes exepcións:
- Probas que non conten cun sistema de cronometraxe
- Probas nas que só exista un gañador/a ou a distancia sexa variable (estilo Backyard ultra ou similares)
- Carreiras cun ratio de desnivel positivo (m)/distancia (km) inferior a 20.
- Carreiras que non sendo kilómetros verticais (KV) teñan unha distancia inferior a 5 km
- Carreiras que non estean abertas á participación de persoas maiores de idade.