
Corres trail ou CxM?
Calquera persoa que participe en probas de trail ou carreiras por montaña en Galicia pode participar na Superliga. O que facemos é contar todos os teus resultados nas probas que forman parte do calendario da Superliga. Segundo a posición na que remates, a distancia e desnivel da proba e o número de participantes, asignarémosche unha puntuación. As túas 8 mellores puntuacións ao longo do ano determinarán a túa posición na clasificación.
Para participar, tes que inscribirte. Podes facelo de dúas maneiras:
- Cubrindo este formulario individual.
- Que o teu club nos envíe a superligatcxm@gmail.com un ficheiro XLSX cos datos de todas as persoas do club que queiran participar. Descarga aquí o modelo de ficheiro a enviar.
Tes ata o 30 de xuño para apuntarte. En canto o fagas, pasaremos a ter en conta todos os teus resultados anteriores que teñamos rexistrados.
Tes dúbidas sobre como puntúan as probas, cales son as categorías etc? Consulta o regulamento.
E a correr e gozar do monte!