Aínda que tiñamos o obxectivo de actualizar as clasificacións case ao instante, as cousxas fóronse complicando e botamos moitos meses sen poñelas ao día. Agora estamos retomando a clasificación e facémolo aos poucos: vimos de publicar a clasificación ata xuño, que inclúe os resultados do Trail Vikingo de Carnota, Desafío Serra de Candán, San Pedro de Rocas en Esgos, o Trail de Allariz, Chandrexa Trail e Heroica Ribeira Sacra. Seis probas que provocaron algún que outro cambio notable na clasificación.
Na masculina temos novo líder: Daniel Domínguez, de Castelos, aproveita o seu brillante segundo posto na proba longa de Chandrexa e a sexta praza no 33k Vilatuxe para sumar 854 puntos en xuño que valen un liderato. Desbanca a Sergio García (Biosbardo-Toxos), que despois dun inicio de tempada hiperactivo, parece que o tomou con máis calma no inicio do verán. Á terceira praza baixa Fabi Amado (Montebrondo) e cuarto ponse Alexandre Otero (Vértice). É o que mellor rendibiliza as súas carreiras, con 2.637 puntos en cinco probas, máis de 500 puntos cada vez que corre. En xuño volveu pasar coa súa vitoria no 33k de Vilatuxe.
David Porto, Rubén Insua, David Outerelo e Fico Losada son outros que aproveitaron xuño para cargarse de puntos. Mención especial para Roberto Balado (Toxos e Birras), que sobe á sexta prazas grazas aos 828 puntos que sumou entre Carn ota, Vilatuxe e Heroica, a segundo maior botín nestas probas.

Clasificación feminina
Entre as corredoras, Charo Figueiroa (Biosbardo-Corredoiras) mantense sólida en cabeza. Desta volta sumou 642 puntos tras as súas boas actuacións en Vilatuxe e Esgos; os mesmos que logrou Antía Goberna (Asesou), que se coloca en segunda posición polo seu triunfo nos 35k de Chantada.
O gran salto dao María Frey (Biosbardo), que agora é terceira logo de sumar 1.112 puntos por vencer nas probas longas de Vilatuxe e Esgos: espectacular. Cuarta colócase Estefanía Muras (Brión Hyupersa), que venceu na 33k da Heroica Ribeira Sacra e sumou unha boa actuación en Vilatuxe para xuntar 896 puntos.


Deixa unha resposta