Se estás aquí é porque xa te enteraches: este 2026 naceu a Superliga Galega de Trail e CxM. Estamos en proceso de poñela en marcha e seguro que haberá erros e acertos, pero a vontade é a de facelo o mellor posible e contribuír a que corredores e corredoras gocemos máis co deporte que nos gusta.
Explora o menú para atopar a info que necesitas: que é a superliga, o calendario de probas que puntúan, a clasificación actualizada, o formulario de inscrición para corredores/as, o formulario para as carreiras e o regulamento.
Apúntate!

Deixa unha resposta