Hainos que o 14 de febrero prefiren celebralo na intimidade, pero tamén os hai de emocións máis fortes e intensas e prefiren celebralo devorando positivo e poñer as pernas ó límite. O Castro Trail Xtreme disputouse en pleno día dos namorados… e para rematar a faena, en sábado de Entroido. Amor e disfraces,… Barro e lama, por partes iguais.
E non era unha cita menor, nada máis nin nada menos que Campionato Galego de Trail Running 2026 baixo o paraugas da Federación Galega de Atletismo, primeiro campeonato da tempada. Título autonómico en xogo e puntos de peso para a Superliga.
Pero a película non comezou nin rematou en Barbadás, pleno epicentro das celebracións en honra de Don Carnal e Cupido. Tamén incorporamos á clasificación o Trail do Aloia que se celebrou a semana anterior e que tamén puxo en liza un bo feixe de puntos nun marco incomparable como o Monte Aloia.
Clasificación masculina
Despois dunha notable actuación no Castro Trail, cun noveno posto, Fabián Amado Espasandín arrebata o liderado a Damián González. Por detrás, Jorge Alborés do Groba Trail Tema, non fai ruído, pero suma. E na Superliga, sumar e a regularidade son claves.
E terceiro, co coitelo entre os dentes, situase Anxo Cid Corbillón que cun subcampionato en Barbadás irrumpe no podium da Superliga. Un podium que a inicios da tempada mostra cambios tódolos fins de semana.

Feminina: autoridade arriba e unha sub18 sen complexos
En categoria feminina a incombustible Charo Figueroa do CD Biosbardo comanda a clasificación absoluta feminina. Sempre unha aposta segura que está facendo un inicio de tempada sólido, adaptándose a todo tipo de probas e térreos, como demostrou co seu cuarto posto da xeral no Castro Trail.
Pero se hai un nome que está sorprendendo é o de Lucía Taboada da SD Compostela de categoría Sub18, que despois de gañar en Terras de Burón, en A Camelia e acadar un terceiro posto na distancia curta do Castro Trail, xa se sitúa no podio absoluto da Superliga.
Non é habitual ver unha atleta tan nova metida na pelexa coas sénior consolidadas. E non está aí por invitación: está por rendemento. Despois destas primeira probas do ano confirma que non entende de complexos nin de idades.
Moito ollo con ela. Porque estas novas xeración dos trail galego entran sen pedir permiso.
A tempada 2026 non fixo máis que comezar, e visto o panorama, imos ter clasificacións apertadas, mocidade atrevida e líderes obrigados a non falar se queren manter as súas posicións de privilexio.


Deixa unha resposta